miércoles, 29 de mayo de 2013

María Oliveira, Premio a la Mejor Investigadora Novel en Biometría





A doutoranda do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Matemáticas da USC María Oliveira Pérez recibiu o premio á mellor investigadora novel na XIV Conferencia Española de Biometría celebrada do 22 ao 24 de maio en Ciudad Real.
No seu traballo ‘Study of crack distribution around cemented femoral components using nonparametric circular methods’ analiza o patrón de distribución das microfracturas producidas en próteses de cadeira cementadas, a partir de datos obtidos dun estudo in vitro realizado na Upstate Medical University de Nova York. A principal achega de Oliveira consiste no deseño e implementación dunha ferramenta exploratoria para a análise de datos circulares que permite a identificación de direccións preferentes de fractura.
 O estudo forma parte da tese doutoral que María Oliveira está a realizar baixo a dirección dos profesores Rosa M. Crujeiras e Alberto Rodríguez e que se centra no estudo de técnicas estatísticas nonparamétricas para a análise de datos circulares.
 A conferencia é un dos eventos bianuais organizados pola Sociedade Española de Biometría, delegación da International Biometric Society, cuxos obxectivos son impulsar e difundir o desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos en bioloxía, medicina, psicoloxía, farmacoloxía e agricultura, entre outras áreas.

ACTUALIZANDO
Septiembre 2014

A doutora pola USC María Oliveira Pérez recibe o Premio John Chambers da Asociación Americana de Estatística

A doutora en Estatística pola USC María Oliveira Pérez recibiu o premio John Chambers Statistical Software na súa edición de 2014, un galardón co que a American Statistical Association recoñece o deseño e desenvolvemento de programas estatísticos novidosos que faciliten a análise, visualización e manipulación de datos. Oliveira convértese así na primeira persoa española que recibe este galardón, dotado cun premio en metálico de 1.000 dólares.

 
María Oliveira elaborou un paquete para R que permite a análise non paramétrica de datos circulares: NPCirc. Nesta libraría incluíanse os métodos deseñados durante a súa tese de doutoramento, defendida en novembro de 2013 baixo a dirección de Alberto Rodríguez Casal e Rosa María Crujeiras Casais, do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Matemáticas. Actualmente, María Oliveira é investigadora posdoutoral na Durham University (Reino Unido)

No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder