viernes, 2 de agosto de 2013

Os Primeiros Serán Os Últimos


OS PRIMEIROS SERÁN OS ÚLTIMOS

Por Sardiña Asada 

Todo ten a súa orixe. A Historia tamén. E as historias. E como non, os libros.
E onde está a orixe dos libros? Nas historias. Nas palabras. No que se conta. Sen palabras, non hai libro, e para iso, necesitamos que alguén as conte. O demais, todo vén despois. Os ilustradores, os editores, os libreiros, os distribuidores… os lectores. Os que soñan entre as páxinas dos libros. Os que quedan durmidos con eles no colo.
Ben, pois por curioso e incongruente que pareza, os escritores, eses que fan que todo comece, son os últimos en cobrar. Iso si, cando teñen a sorte de facelo.
E por que? Pois é un deses misterios que asombran o mundo, pero aí está.
Cando hai unha boa historia, os editores pensan en facer un libro. Moitas veces contan coa axuda de ilustradores, e maquetadores, que por suposto, cobran rigorosamente o seu traballo. Moitas veces, incluso antes de saír o libro á rúa. Digo máis, hai quen cobra un adianto antes de comezar co desenvolvemento do traballo sequera.
Cando sae á rúa, os distribuídores fanse co seu anaco de torta. Os libreiros, non son os que máis teñen que perder, pois non deixan os libros ao fiado… E os editores, como non, sacan o seu lucro. Iso, sen ter en conta que algúns libros son subvencionados.
Ben, pois cando, a finais de ano!, chega o momento de pagar ao autor… Oh! Problema! Se se venden poucos exemplares, xa deixan a liquidación par ao ano seguinte. Ás veces, esquécense de que os autores comen, e non fan a conta. E outras, simplemente é norma da casa. Non pagan e punto. Total, o escritor fai o que lle gusta!
E si, seguramente para escribir teña que gustar facelo, pero de aí a que sexa motivo de non remunerar o traballo, vai un mundo. Porque é algo que lle pertence. De non haber historia, recordemos, non habería libro. Nin ilustrador, nin distribuidor, nin editor, nin libreiros.

Así que, esa pequena porcentaxe que lle corresponde ao que iniciou a cadea (porque con tanta xente a comer xa non debe quedar moito), debera concedérselle. Máis que nada, porque sería de xustiza. 


No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder