A revista CORALIA repasará a actualidade das persoas, proxectos e locais de vangarda de Santiago e a súa área metropolitana. Así o destacaron hoxe os responsables da revista, Álex Regueiro e Alfredo Iglesias, durante o acto de presentación aos medios do primeiro número da publicación.
Do mesmo xeito, sinalaron tamén que a publicación pretende achegar quen é quen en Compostela a veciños, visitantes e subscritores. "De xeito gratuíto, en galego e inglés", engadiron.
No primeiro número -tal e como revelaron os editores de CORALIA- catro mulleres, cun denominador común, o amor pola capital galega, comparten protagonismo: A actriz Sabela Arán, a historiadora Encarna Otero, a galerista Luisa Pita e a directora de comunicación Lucía Cordeiro. Ademais, á revista impresa sumarase máis adiante un portal online: CORALIA.GAL.
Tamén subliñaron que CORALIA pretende diferenciarse, coidando en extremo os contidos, o deseño e as maquetacións, ao xeito doutras publicacións de alta gama, "só desde a excelencia e a independencia editorial pode chegar a perdurar unha publicación adicada ao lecer e o tempo libre".
A este respecto, indicaron que a revista de publicación trimestral quere representar o auténtico significado da liberdade, a enorme forza do orixinal e toda a forza do irrepetible que encarnaban as irmás Fandiño Ricard, Coralia e Maruxa.
Os responsables da revista
Detrás de CORALIA, de Alalá Creative Design (empresa editora) e de Miranda Priestly (axencia responsable da gráfica e dos contidos) atópanse Álex Regueiro e Alfredo Iglesias, que atesouran máis de vinte anos de traxectoria na moda, no deseño, na imaxe e na comunicación.
La cita es el viernes, 29 de enero, a las 22'30h.
DADO DADÁ JAZZ CLUB
(Santiago)
No hay comentarios:
Publicar un comentario