jueves, 25 de abril de 2013

Críticas...



CRÍTICAS

Por Sardiña Asada

Soen ser os mesmos que falan de maneira rimbombante, imparten conferencias, e falan cos seus amigos no mesmo grao solemne. Quizais porque non teñen outro rexistro, pois peor sería que cresen que así demostran a súa valía.
Para nada.
Son os mesmos que falan e non dan opción a réplica, que cren que sempre están na posesión da verdade e a razón. Vaia erro!
O único que están conseguindo é afastarse da realidade, e da xente. E o que é peor, moitas veces, arredando a lingua da sociedade.
Que fácil denunciar os erros dos demais. Que sinxelo ver a palla no ollo alleo… Pero qué destrutivo tamén.
Utilizan as redes sociais e os medios de comunicación, e os demais medios cos que contan e aos que moita xente non pode acceder, para criticar as actitudes dos demais, e poñer de manifesto os erros que outros cometeron.
Nunca entenderei ese afán de menosprezar o que fan os outros. Todos cometemos erros, obviamente, pero poñelos de manifesto, ridiculizándoos, non axuda a ninguén. Preferiría que tirasen o bo do que din os demais, aínda que non sexa completamente perfecto. Máis vale un intento de construción, que o derrubamento dun inicio.
Por que somos así? Por que gozamos tanto cos erros das persoas? Por que cando nos subimos a un banzo xa non sabemos baixar nunca? Oxalá fixeramos máis gala de bos galegos, deses que non sabes se soben ou baixan, simplemente están aí, co sorriso medio torcido. Os que miran aos demais e calan o malo, pero aplauden o bo, a intención.
Pensan que criticando van conseguir máis recoñecemento? Tan só dos que forman o seu círculo, pero ese, xa o teñen, e ademais, non é real, ou cando menos, obxectivo.
Non publiquen nos medios a súa sapiencia, esa xa se poñerá de manifesto ela soa. Non critiquen aos que non acertaron completamente coa súa última actitude, axúdenlle a mellorala, desde o anonimato. Valoren, por favor, todas as iniciativas que conteñen algo de fondo inocente…
Non podemos andar polo mundo censurando (moitas veces gratuitamente, porque sabemos que sempre vai haber quen nos diga que si a todo), debemos camiñar valorando o bo, que é a única maneira de avanzar.
E eses que se enxalzan como defensores da lingua, fagan exame interno e pensen que ás veces estanlle facendo máis dano que calquera dos seus crucificados, pois eles fano dende a ignorancia, e vostedes dende a xenreira.
Non afasten á xente… para achegala, hai que chamalos mainiño, e en voz baixa.
O demais, é todo envexa.

No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder