martes, 16 de julio de 2013

Programa FESTAS APOSTOLO 2013




As Festas do Apóstolo, que este ano presentan tamén nova imaxe gráfica, arrincarán o luns 22 de xullo co pregón a cargo de Roberto Vilar e un concerto no Obradoiro, en colaboración coa cadea 40 Principales, no que participarán artistas como Edurne, Angy, Xuso Jones, Marien Baker ou Yanela Brooks. Para o martes 23 programouse o II Certame Folc, en colaboración con La Voz de Galicia, no que actuarán Tanto Nostén, Os D’abaixo e Berrogüetto na praza da Quintana.

O mércores 24 será o día dos tradicionais Fogos do Apóstolo, que un ano máis prometen espectacularidade e unha xornada repleta de composteláns e visitantes nas rúas do Casco Vello. A música desta noite porana La Banda del Camión e Riff Raff na praza da Quintana. A Ofrenda ao Apóstolo abrirá a xornada grande das festas, o xoves 25, que pechará a actuación na Quintana de Os Resentidos.

Os concertos de Emerxentes en Praterías e no Toural e a Xornada de Folclore serán dous dúas das actividades protagonistas do venres 26, mentres que para o sábado 27 queda o XXXV Día do Traxe Galego. Á vista do éxito de 2012, a Real Filharmonía de Galicia repetirá actuación na Quintana, desta vez o domingo 28.

Os tres últimos días das festas estarán marcados por tres concertos na praza da Quintana: Soraya (luns 29), Raphael (martes 30) e Primal Scream (mércores 31). Estes dous últimos espectáculos son os únicos que non son de balde do programa.

A todas estas actividades hai que sumar citas tradicionais que tampouco faltarán este ano, como as orquestras na Alameda, os pasarrúas e as charangas, o encontro de xigantes e cabezudos, o campionato de chave, o concurso de traxes de época e coches antigos ou os fogos artificiais de fin de festa, entre outras. Ademais, haberá teatro de rúa e infantil, xogos tradicionais e maxia. E como sempre, as atraccións feirais estarán instaladas na Alameda.

No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder