viernes, 21 de febrero de 2014

Do desapego ao desasosego (político)




Por Belén Vázquez

En Compostela as cousas non son o que parecen e cada vez van aparecendo e parecendo máis quen son, e aínda que é sabido que a muller do César non só ten que ser honrada senón que ademais ten que parecelo, nos últimos tempos a realidade xa ten superado con “creces e heces” a ficción.

Nesta comedia absurda na que as actrices van “cobrando” cada vez máis relevancia e os espectadores “pagando” máis protagonismos, unha boa parte da cidadanía parece ter ben claro que esta é unha oportunidade única para mudar e cambiar o Pazo de Raxoi... a oportunidade está clara, o que xa non se percibe tan meridiano é cara onde reconducir neste firme inestable e que saída coller ao chegar á rotonda.
Sobran os de agora e faltan os de antes; dos de agora xa sobraron uns cantos e dos de antes algúns comezaron a faltar... entre insulto e denuncia, e por un “quítame de allá esas pajas”, agardamos expectantes ver os cabezas de cartel, de turno e de turco, cando remate este entroido de caras e caretas e poidamos saír cos loureiros dando palmas á chegada dos que resulten nomeados mesías.

Polos bando dos desalmados e “desanxelados” dise que van mandar a un dos homes ao servizo do axente 007 acompañado da única supervivente da espiral de suicidio, o redentor; pola parte da confraría do silencio cada vez hai máis apostas por unha lista inútil feita muller, trátase dunha maría madalena que non queda claro si era santa ou era puta; na terceira fila, como nin ven nin deixan ver, dise que ao mellor deixan ao mesmo, que aínda que non espanta paxaros tampouco atrae corvos, e non lle facemos simil coa igrexa que para algo teñen o día da patria; e tamén estamos á espera de que saia algunha irmandade marcando pasos e facendo o camiño de cara a Compostela ou algún veciño comprometido que queira loitar por marcar algún punto neste confuso partido... que estas oportunidades hai que aproveitalas, non vaia ser que soe a frauta e por despiste quede algunha rata sen entrar!


Dicía un tal Terencio que era mala cousa ter un lobo collido polas orellas, pois non sabes como soltalo nin como continuar termando del... e así é a política desta capital. Desculpen as molestias e, por moito que diga o Papa, sigan criticando ao saír da misa que lles ha de facer ben. Iso si, lémbrense que ao non ter bula tócanos pasar unha época de abstinencia... quen sabe si despois desta tamén tocará unha de abstención!

No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder