jueves, 11 de septiembre de 2014

PSdG: de purezas, impurezas e as súas asperezas (toma 1)


Por Belén Vázquez


Nunha recente entrevista, a politóloga Belén Barreiro afirmaba que "Podemos se ha sentado en la silla del PSOE y el PSOE de momento se ha quedado de pie" e, como parece que algúns non entendedes moi ben as metáforas, haberá que traer a colación aquel xogo de cadeiras nos que máis persoas que asentos danzan ao seu redor tentando que os seus traseiros teñan acomodo de cara as vindeiras lexislaturas.

O socialismo galego leva anos enfrascado nunha loita interna entre os puros e os impuros, entre os moitos homes e poucas mulleres de partido e as moitas mulleres e poucos homes independentes, entre os que dominan o partido aínda que non atraen á cidadanía e os que atraen a cidadanía para dominar o partido, e mentres este siga a ser o cleavage fundamental que define os seus comportamentos e posturas, non vai haber suficientes cadeiras en xogo para acoller tantos inquietos e insatisfeitos cus.
Buscar a orixe deste desentendemento é remontarse aos tempos, como mínimo, de Emilio Pérez Touriño, aquel bo e xeneroso presidente ao que os independentes lle coparon o goberno e ao que os varóns do partido nunca perdoaron que regalase tantos carnés do vello Pablo Iglesias a un movemento interesado de intelectuais universitarios sedentos de control e de enriquecemento patrimonial.

Naqueles tempos as loitas de poder entre os puros e os impuros xa tiveron como resultado máis de algún apuro e a falta de sintonía no deseño dunha campaña autonómica nun contexto de crise estatal, entre outros encontros e desencontros sobre o calendario electoral, deron como resultado a derrota dun presidente, tristemente asumida como unha vitoria polos puros,  e da que os impuros levan tempo agardando para executar a súa vinganza.

E como daqueles lodos veñen agora estes barros, o enfrontamento non só está latente nas sedes das principais agrupacións socialistas senón que se filtra e airea onde haxa algún xornalista amigo que queira axudar á causa (des)informando ou algún funcionario, ou funcionaria, de dubidosa profesionalidade disposto a facer dos recursos e medios públicos unha contribución particular á campaña. E como os males deste "ismo" non son endémicos, poden vostedes poñerlle o nome de calquera das principais cidades, e mesmo de algunha pequenas vilas, que estes rotos ben se poden aplicar a diferentes descosidos.

No caso de Santiago de Compostela, que habitualmente é o que nos ocupa menos do que nos preocupa, unha, que non é servidora, ben sabe que cada quen é ben libre de arrimarse á arbore que mellor lle conveña, case tan ben como vostedes deberían saber que detrás deses arrimes non hai máis que intereses espurios, en xeral e con contadas e recontadas excepcións, por acadar algunha que outra contratación ou asistencia técnica, unha partida orzamentaria para expoñer e poñer en valor as propias artes, un posto ou carguiño para algún familiar moi válido que tivo que emigrar ou un dos asentos no pleno municipal despois de exercer de "mamporrero" intimidando a alcaldes e compañeiros que non teñen a ben apoiar a causa; e que aínda que algúns poidan ou queiran recoñecerse nestes exemplos, non se molesten, que de todos eles e de algunha delas hai bastantes exemplares nos dous bandos da pureza.

Que aquí, e en Madrid, o de menos para os uns e para os outros é afrontar un debate sobre a perda de apoio do seu electorado, sobre os porqués da desconexión cos problemas da cidadanía ou sobre como afrontar a chegada de outras forzas de esquerdas que poden pór en perigo un bipartidismo do que, non só se teñen beneficiado senón co que ademais se senten cómodos alternando.


E como se achega o inverno, e este parece que pode ser máis duro sobre todo entre os que teñen máis fame, aí vos deixo, para os que non queriades caldo, a primeira de algunha que outra taza... que polo pan, para acompañalo, ben sei que sabedes bailar os cans.


4 comentarios:

Anónimo dijo...

"e, como parece que algúns non entendedes moi ben as metáforas"

Sabemos entendelas, grazas. É Vd. a que non as sabe empregar.

E do resto, por non faltarlle ao respecto públicamente, mellor non comento.

Anónimo dijo...

Al parecer hay personas que si no es faltando al respeto, no saben opinar. Pues sí, mejor callar entonces

Anónimo dijo...

Me lo pensaba leer todo. Pero como no me gusta que me llamen tonta , y como usted piensa que sus lectores deben de ser todos débiles mentales, va a ser mejor que lo deje. Esto debe ser para razas superiores.

Anónimo dijo...

Y digo yo, desde el mismo anonimato del que hacen ustedes tanto uso: ¿no les resultaría mejor, cuando vean 'Por Belén Vázquez', no leer esa publicación? Más que nada para evitarse el disgusto.

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder