martes, 26 de enero de 2016

Renace Santiago....nace la Revista CORALIA



A revista CORALIA repasará a actualidade das persoas, proxectos e locais de vangarda de Santiago e a súa área metropolitana. Así o destacaron hoxe os responsables da revista, Álex Regueiro e Alfredo Iglesias, durante o acto de presentación aos medios do primeiro número da publicación.

Do mesmo xeito, sinalaron tamén que a publicación pretende achegar quen é quen en Compostela a veciños, visitantes e subscritores. "De xeito gratuíto, en galego e inglés", engadiron.

No primeiro número -tal e como revelaron os editores de CORALIA- catro mulleres, cun denominador común, o amor pola capital galega, comparten protagonismo: A actriz Sabela Arán, a historiadora Encarna Otero, a galerista Luisa Pita e a directora de comunicación Lucía Cordeiro. Ademais, á revista impresa sumarase máis adiante un portal online: CORALIA.GAL.

Tamén subliñaron que CORALIA pretende diferenciarse, coidando en extremo os contidos, o deseño e as maquetacións, ao xeito doutras publicacións de alta gama, "só desde a excelencia e a independencia editorial pode chegar a perdurar unha publicación adicada ao lecer e o tempo libre".

A este respecto, indicaron que a revista de publicación trimestral quere representar o auténtico significado da liberdade, a enorme forza do orixinal e toda a forza do irrepetible que encarnaban as irmás Fandiño Ricard, Coralia e Maruxa.

Os responsables da revista
Detrás de CORALIA, de Alalá Creative Design (empresa editora) e de Miranda Priestly (axencia responsable da gráfica e dos contidos) atópanse Álex Regueiro e Alfredo Iglesias, que atesouran máis de vinte anos de traxectoria na moda, no deseño, na imaxe e na comunicación. 

La cita es el viernes, 29 de enero, a las 22'30h.
DADO DADÁ JAZZ CLUB
(Santiago)


No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder