martes, 26 de febrero de 2013

El Banquete de Conxo (2 de Marzo de 1856)


"Convento" de Conxo en la actualidad
El Banquete de Conxo tuvo lugar el 2 de marzo de 1856 y se trató de un acto de confraternización entre obreros, artesanos y estudiantes. El banquete constituyó un gesto de índole socialista, el cual suscitó el enfado de los sectores más poderosos de Santiago de Compostela.
Funcionó como un atentado contra el esquema social tradicional preconcebido, de modo que estudiantes, la mayoría de clases pudientes, y artesanos compartieron pan y mesa. Al banquete asistieron personalidades de la talla de Aurelio Aguirre, quien pronunció un discurso y de Eduardo Pondal, quien recitó unos versos en castellano de su autoria. Se especula que Rosalía de Castro quizá pudiera haber estado presente.
Se sabe que el Banquete de Conxo se convirtió en un acontecimiento de gran importancia simbólica y real dentro de la historia de Galicia, transformándose en una parte significativa de la memoria colectiva gallega
Brindis, de Eduardo Pondal
El célebre Brindis, de Pondal, recitado en el Banquete de Conxo y que tantos quebraderos de cabeza le trajo
BRINDIS

Eduardo Pondal recúa

Daniel Salgado. El Pais - Galicia  3 Junio 2011
ECinco meses e cinco días tardou Eduardo Pondal en desdicirse. Ese foi o tempo que transcorreu entre o Banquete de Conxo e a carta que o crego Manuel Antonio Pose y Soto remitiu ao arcebispo de Santiago para mediar pola situación do poeta. "Es cierto Sr. Excmo; que hasta el desgraciado Brindis nadie le ha notado de impio, alomenos en este Pais en donde vivió, y habitó hasta la edad de veinte años en que se halla", escribiulle Pose y Soto a Miguel García Cuesta, daquela o máximo responsábel da Igrexa. A carta vén de exhumala o profesor Félix Neira Pérez. Repousaba nos sotos do Arquivo Diocesano de Santiago.
Pero Neira Pérez non pescudaba sobre as peripecias do Rexurdimento literario nin sobre os intelectuais liberais na Galicia do século XIX. O seu obxecto de estudo era "a vida parroquial e as relacións entre fregueses e párrocos no rural decimonónico" e foi "buceando na documentación das parroquias de Ponteceso" cando deu con tres manuscritos que contribúen a debullar os inicios da vida de escritor de Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 - A Coruña, 1917). "O manuscrito autógrafo do poema en octavas reais titulado Brindis, lido noo Banquete de Conxo, é un dos manuscritos máis antigos coñecidos de Pondal", sinala o investigador.
A argumentación do crego, que oficiaba na mesma parroquia de San Tirso de Cospindo da que o mozo Pondal era veciño, insistía en que este procedía de boa familia: "El padre del suplicante así como sus tres señoritas hijas, han observado hasta aquí los buenos modales cristianos cumpliendo puntualmente con los preceptos de la Yglesia". Manuel Pose aseguraba posuír motivos para "abrigar la convicción de que la Divina Providencia le está trabajando para rendir su corazón en obsequio de la Fé". Non só iso. Perante a máxima autoridade do catolicismo en Galicia explicaba como confesou ao autor do Himno Galego. "Dando principio a la confesión en medio de copiosas lágrimas y tiernos sollozos [...] abjurando de sus errores y protestando volver a la ovidiencia de la Santa Yglesia Romana y sus legítimos pastores".Igual que anos despois Manuel Curros Enríquez, con Rosalía e Pondal o terceiro alicerce da renacenza da lingua galega, enfrontou nos tribunais a reacción, tamén o poeta do Brindis sufriu por conta do seu pensamento. O proceso xudicial na Audiencia da Coruña atrapou ao escritor, de 21 anos, no corazón das contradicións políticas do seu século e foi un sacerdote quen saiu na súa defensa. "[...] hallándose ligeramente indispuesto el joven que la escribe, hijo de un comerciante acaudalado de esta parroquia, con título además de Hidalguía; cursante en la Universidad de Santiago en segundo de medicina, ha tenido la desgracia de leer libros prohibidos que han estragado su corazón", arrincaba a misiva que Pose y Soto remitía ao arcebispo de Santiago.
O sacerdote invocaba a súa falta de xurisdición para xustificar a súa non absolución do poeta e o envío ao arcebispo Miguel García Cuesta. O terceiro dos manuscritos achados por Félix Neira é talvez o máis vello coñecido da man do propio Pondal. "Hago además retractación completa de lo que en dicho brindis haya pronunciado en contra de nuestra religión", engade a nota, dirixida tamén a García Cuesta.

No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder