viernes, 28 de marzo de 2014

Sardiñas & Xurelos



Por Sardiña Asada

Tan importante coma que as sardiñas crean na súa liberdade, e actúen en consecuencia, é que haxa algún xurelo que se lles comece a sumar á causa.
O xurelo hoxe é Carlos Negro, co seu libro "Penúltimas tendencias", no que a poesía se pon firme e asevera a existencia duns canons de beleza feminina na sociedade ben marcados, e dos que é moi difícil afastarse.
No fondo, todas as sardiñas acaban no rego, por moito que queiran independizarse dos bancos nos que se moven.
Todas desexan ter bo corpo, unha cara fermosa, un peiteado xeitoso, as unllas de perfecta manicura, e a depilación á orde do día. Vaia, que nin unha soa das escamas estea sen brillo, que non se mova do seu lugar. Pero... Cal é ese lugar? Quen o definiu?
Os peitos tersos, redondos e xenerosos. Para que? Para que eles poidan agarrar, tocar, xogar, lamber. Hai que ser crueis, e preferir que se inxecten silicona para estar conformes. Quen foi o que decidiu que un tamaño o define todo? Se o tacto da pel, a sensibilidade, non conta, para iso regalémoslle un globo que encher de aire cando o desexo aperte.
Por que as cadeiras teñen que entrar nun talle 36? Ou é que a sardiña, na época na que ten máis graxa, non está máis rica? Un ventre arredondado, con forma sinuosa...
As mulleres, fóra das revistas, teñen pelos nas pernas!
En serio?
Dígoche que si, que eu as vin unha vez, e tiñan!
E... Quen decide onde está o límite da depilación? Os xurelos? Eles? Por que? Son os que sofren os traballos de eliminar o velo? Non!
Entón... Por que falan?
Por que as sardiñas lle fan caso?
Por que pintan os ollos, e os beizos, e usan perfume? Por que non chega con sorrir a primeira hora da mañá?

Vivan as sardiñas cunha personalidade inmensa que superan os atrancos dos peitos pequenos, as cadeiras amplas e as pernas gordechas. Só con moita personalidade se pode superar, e ás veces, non é suficiente. Por iso…
Vivan os xurelos que din quérote, cando te depilas e cando empezan a saír os pelos, cando perdes dous quilos e gañas catro, cando te ergues cada mañá, cos ollos inchados polo sono, sen o suxeitador que che levanta os peitos. Quérote porque bico eses beizos e bico o mundo enteiro.

Queremos xurelos así, e deixar de ser sardiñas asadas, e requeimadas.


No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder