viernes, 30 de mayo de 2014

O Camarote Do Socialismo Compostelán



Por Belén Vázquez


Aínda que xa pasadas, as eleccións europeas non deixan de estar presentes e as lecturas e interpretacións dos resultados teñen tan obnubilados aos analistas e analistos da politoloxía que un importante e inaudito fenómeno de militancia política, nestes tempos de apatía e desafección, está a pasar sen pena, e polo arco da gloria, a revolución apresurada por facer santa nesta cidade a que moitos sabemos que foi puta da nosa universidade.

O fenómeno non é outro que a sabida e silenciada milagre da multiplicación dos filiados e afiliados ao socialismo compostelán, unha militancia de postureo que vai por converter a noutra hora Casa do Pobo en algo semellante ao camarote dos irmáns Marx en Unha noite na ópera, un camarote plural e homosexual, onde  non só teñen cabida e sabida presenza os culturetas universitarios modernos de postura senón tamén algún familiares de tradición popular comprados e vendidos ao populismo desta reencarnación da evita peronista do ensanche compostelán.

Tal práctica toma forma en calquera mañá, tarde ou noite e en calquera recuncho, concerto ou exposición nun intento de aproximar a cultura de quen a práctica ao analfabeto vulgo que se deixa practicar. E así, nos últimos meses, unha cantidade inxente e indecente de solicitudes de afiliación moi convencidas pero pouco convincentes, a unha agrupación desagrupada, peregrina desde a tumba do Apóstolo Santiago á capela ardente dos restos mortais dun secretario xeral finado pero aínda non enterrado.

A capacidade do fenómeno é tal que os contrarios á relixión desta santa patrona dos presos e apresados, están convencendo aos puros e apurados, da necesidade de frear dita multiplicación cunha estratexia baseada na suma de adeptos as súas bancadas e na resta e división de crédulos de tal confesión.
Ata tal punto chegou a cuestión desta procesión que as malas linguas din que o verdadeiro patrón da santa sede deu puñetazo enriba da mesa electoral e dixo que ata aquí podía chegar ese nacemento e crecemento de persoas dispostas a votar para botar aos seus. A partires de aí só se pode entrar no camarote virtual e de paso abrir unha conta nalgunha rede social na que pendurar estandartes que amosen que un tamén tivo e estivo unha aparición coa santa muller.

Se vostedes son dos que aínda non foron chamado a filas e afiliados, anden prestos en prestar os seus servizos que o tempo corre e transcorre na súa contra, e unha vez que peche o censo xa non haberá intereses en emprestar máis carnés de militancia.

E, si por un causal que non casual, chegase esta xestora do público a gobernar Compostelonia apelemos ao seu verdadeiro marxismo acubillado na máxima de Groucho que, como ela, rezaba “non permitirei inxustizas, nin xogo sucio, pero si se pilla a alguén practicando a corrupción sen que eu reciba unha comisión, poñerémolo contra a parede... ¡e daremos orde de disparar!”, ha de facer de nós cidadáns de bens e parabéns e repartir coa súa santa caridade as mellores cenas e escenas de Sopa de ganso, aínda que non para todos.


Vostedes mentres, non maten á mensaxeira... que promete seguir des(informando).


27 comentarios:

tiko dijo...

Gustariame dar a miña humilde opinión sobre este artigo, penso que é tremendamente desafortunado e inxusto e para nada reflexa a realidade. Creo sinceramente que a súa intención non foi desprestixiar nin ofender pero penso que neste caso esa línea satírica coa que xoga da que son coñecedor que utiliza neste blog traspasou un límite entre un bo e mal traballo. Ou tal vez o único que busque neste caso é (des)informar, polo cal entón, a tería que a felicitar

Anónimo dijo...

Perdón, como lector me sento ofendido non son homosexual, nin artista, nin marioneta de ninguén. Creo nun partido socialista que se rexenere e cantos máis mellor. Desexo un camarote con xente saíndo polas ventás. Penso que isto esta escrito por alguén da vella escola que espera que volvan gañar estes para seguir nun posto de traballo.

Anónimo dijo...

No entiendo de q va eesto ni me interesa mucho Pero esa alusion a "los homosexuales" parece hasta homófoba. Deberia darle vergüenza a quién la escribió.

Anónimo dijo...

pues a mi me gusta el articulo y creo k leyendo entre lineas tiene razon....la crudeza no siempre gusta ...y excepto lo de los homosexuales k creo k es desafortunado cada uno k interprete como buenamente pueda

Anónimo dijo...

Menuda zafiedad. Una persona que amparándose en un supuesto anonimato insulta y descalifica de una manera tan gratuita como violenta, no merece ninguna consideración.

DMODA dijo...

No creo que dicha práctica pille por sorpresa a nadie, es una estrategia de las muchas, lícitas, que se emplean en política, la de captar adeptos, y ojo! en cualquier bando y sin distinción. Más criticable me parece la actitud de quien escribe pretendiendo desenmascarar una realidad y lo hace faltando al respeto y de forma cobarde, insinuando sin desvelar.

Anónimo dijo...

Belén, si es que asi te llamas, que zafiedad y miseria. Parece que pajares, la sobri, berni y la tita andan encendidos y les duele la democracia!! Esta zafia y faltona información solo releva su verdadera esencia. Pseudoprogres que son unos fachas acostumbrados al poder y se agarran con uñas y dientes.

Anónimo dijo...

Y algún bufón de la corte mas, anónimo, JR: el bufón correveidiles

La casta dijo...

Asi que los promotores de esta des-información son Carlos Pajares y su tropa....que peniña de gente

Belén Vázquez dijo...

Só vos vou contestar a tres cousas, porque as demais resúltanme divertidas...:

1. Non hai anonimato na publicación desta información, porque, como ben sabe quen ten que sábelo e tamén quen se dá por aludida, o meu verdadeiro nome é Belén Vázquez.

2. E si, hai intención de desvelar una información e pór de manifesto una práctica de afiliación da cal, fai xa moitos anos, eu tamén fun partícipe para evitar que seguisen no poder eses que ahora credes que promoven esta información.

3. E si insulto gratuitamente é porque aínda non atopei quen me pague por facelo... e porque fai tempo decidín ter un posto de traballo sin ter que ser palmera nin da vosa santa, nin de ninguén.

Polo demais, agradecida pola vosa participación e opinión e sobre todo por ver que aínda teño capacidade e información que consegue "molestar".

Anónimo dijo...

desafortunada.... insultar gratuitamente en público como dices no me parece ue beneficie a esta publicación a la que seguía, ya que de manera simoática, con gracia e ironía mostraba realidades y sacaba sonrisas.... esto.... esto es otra cosa...

Anónimo dijo...

Cariña, un consejo de amiga: lee algún libro. Gratuito tiene más significados.

Anónimo dijo...

Afirmar que este texto tiene connotación homófoba es lo mismo que afirmar que Merceditas es socialista... Aprendamos a interpretar las palabras antes de opinar sobre ellas. Me alegro que salga a la luz la verdad y que se sepa quien es realmente LA "candidata" y el GURU (que le elige hasta el color de las bragas) que está detrás de ella... !Todo se sabe y todo se sabrá!

Anónimo dijo...

Pues a mi me parece perfecto q la autora denuncie las actividades de ese peligroso lobit rosa. Eso en un gran cuarto oscuro y tenemos q evitar se convierta en eso.

Anónimo dijo...

Pues a mi me parece perfecto q la autora denuncie las actividades de ese peligroso lobit rosa. Eso es un gran cuarto oscuro donde todo el mundo moja y tenemos q evitar q la ciudad se convierta en eso.

Domingo dijo...

La situaciòn es la siguiente, se aproximan las elecciones municipales y los diferentes candidatos para para salir elegidos necesitan el máximo apoyo posible de los militantes ya censados o mediante incorporación de gente nueva que tienen que convencer para afiliarse, ya sean familiares, amigos, universitarios e incluso homosexuales (¿a qué viene la distinción?). Supongo que los motivos de esta gente serán muy variados, desde el carisma, seducción,interés, confianza o credibilidad.Pero creo que todos estos motivos son válidos y si se incumple alguna regla se impugna.
Lo que agradezco del artículo es que la autora nos informe de un hecho que nadie parece desmentir y es que Mercedes Rosón está consiguiendo un aumento de afiliaciones notorio en unos tiempos que no es nada fácil ser socialista, algo estará haciendo bien y otros no tan bien, no?

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo Domingo. Abrir as portas á nova xeración. Aos de toda a vida dígolles que chuparon xa moito do bote e a quen escribiu isto pregúntolle: Beneficiácheste dos Bugallistas ou prometéronche algo?

Porcaián dijo...

Vamos ohhhh

Non vos quentedes, que somos todos socialistas, o final todo queda na casa, reirémonos todos e tomaremos uns cafés...cantos máis militantes millor, a ver se algunha vez conseguimos ter dous interventores por mesa.

Moitos rencores e envexas de ámbitos diferentes os políticos percibo...moita miseria moral e moita envexa...moita cobardía de quen menciona nomes propios dende un mensaxe "anónimo"...

Se alguén ten algo que dicir...as asambleas son un lugar perfecto, pero iso require narices e capacidade, e iso non está o alcance de calquera.

Anónimo dijo...

Haber se emprezamos limpiar a esquerda de escoria. Non creo nos gurus nin nas evitas nin nos gays nin nos camarotes pero tampouco nas informadoras desinteresadas.

Anónimo dijo...

Falar de escoura é falar da mesma "candidata"… non vos equivoquedes! Acaso hai que informar que entre este listado tan masivo e repentino de afiliados hai uns cantos co apelido "Rosón" (peperos de toda a vida) e outros canto que militaban no BNG. Todo vale? Agora teremos que sentarnos todos xuntos, nunha mesma sala onde se supón que seguimos o mesmo pensamento ideolóxico, e discutir sobre o estado de ben estar? Isto é vomitivo e espero sinceramente que a "candidata" Rosón sexa sinalada a dedo nas rúas compostelás como unha falsa e unha mentireira, disposta a todo, digo a TODO, para conseguir o que quere. Señora Rosón, vostede que é tan adicto á redes sociais e que certamente lerá isto, déixese vostede de fantasmadas e váiase arquivar papeis á USC que é o único para que realmente vale...

Anónimo dijo...

Tres cosas:
1. Traer afiliados a un partido político enññcuando el censo esta abierto no es ninguna ilegalidad.
2. "Los otros" también lo están haciendo masivamente para intentar contrarrestar, por lo q la práctica denunciada, vale o no vale pero para los dos.
3. Cuàl es la otra opción? El portavoz municipal? No hago más comentarios.

Anónimo dijo...

Esa muller non vale máis que para mercar roupa en Elsavadeboda e pasear en tacóns polas rúas compostelás.

Anónimo dijo...

Esta discusión é realmente divertida. A pregunta é: esta tipa terá os ovarios suficientes para presentarse a unhas primarias? Vou máis alá: o PSOE realmente terá collóns abondo para levala de candidata a unha alcaldía? Medo dáme todo isto. Se todo isto é verdade entón deixemos de falar de política e chamemos a Jorge Javier Vázquez e os seus colaboradores para entrar nesta guerra e falar dos zapatos de Dona Mercedes e dos seus "representantes"… Tengamos un pouco máis de cabeza por favor, cada un ten que estar no seu sitio dentro das súas capacidades intelectuais. Todos sabemos que levar esa muller como cabeza de lista é ridículo e, fundamentalmente, é entregar en bandexa a alcaldía de Compostela ao Partido Popular. Un pouco de sentido común amigos, nada máis!

Anónimo dijo...

Jooooo, pues a mi me parece que esa señora siempre va muy mona a diferencia de Ana Botella y me vale perfectamente como alcaldesa ya que representa el ideal de la mujer actual: guapa, casada, madre y con estilo. Con eso ya nos debería de valer así que no entiendo el motivo de toda esta discusión. Buenas noches a todos.

Anónimo dijo...

Yo soy gay y a mi me encanta Mercedes Rosón porque es divina y siempre está dispuesta a defendernos y a sacar fotos con nosotros. Sólo tenéis que entrar en su facebook y comprobarlo. A mi eso me parece muy valiente de su parte.

Anónimo dijo...

Uffff! Qué peligro!

Composteloniense dijo...

Los que tenemos familia en Becerreá renegamos de esta neoconversa del linaje Rosón que fue represor en toda la comarca durante la guerra civil. Maria Jesús Souto Blanco en "La represión franquista en la provincia de Lugo" recoge muchos testimonios de hijos de represaliados por esta familia sin escrúpulos. Noxento el travestismo de la última de la saga de los Rosón, amantes del poder. Se hace la foto con las mujeres maltratadas, se arrima a los gays, a los defensores de animales... cualquier grupo emergente que la sincronice con los nuevos tiempos, y todo con tal de seguir chupando del bote de la política, hacer favores y conseguir prebendas como su enchufe en la universidad teniendo apenas el COU acabado, le hicieron una plaza singularizada a su medida, pero si no tiene curriculum ....

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder