jueves, 2 de mayo de 2013

Programa FESTAS ASCENSIÓN 2013 Santiago de Compostela





As Festas da Ascensión arrincarán o mércores 8 de maio coas tradicionais comparsas de cabezudos polas rúas do Casco Histórico. Nesta xornada destaca o festival 40 Santiago Pop, organizado en colaboración coa cadea 40 Principales e que ten como nomes máis destacados os de Macaco, Rasel & Jadel e Nena Daconte. Será na praza da Quintana a partir das 22:00 horas.
A xornada grande, o xoves 9, abrirase cunha nova edición do Concurso Cabalar da Ascensión no recinto feiral de Amio. Pola tarde, destaca o programa Cultura Urbana, que levará á praza do Toural diversos obradoiros e exhibicións de graffiti, turntablism, beatbox, breakdance e popping.
Xa pola noite, a praza do Obradoiro acollerá unha gala musical coa actuación de artistas como Pignoise, Andy & Lucas, David de María, David Civera, Astarot ou Luis Boyano.
 (O espectáculo será gravado pola TVG para ser emitido nunha data posterior).
Para a xornada do venres queda outra das propostas musicais destas festas, a Noite Meiga en Compostela. Este espectáculo, promovido polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, contará coa presenza de Mayalde, Rosa Cedrón e Roi Casal. O concerto, de entrada libre, celebrarase na praza da Quintana.
O sábado 11 é o día reservado para os maiores e a súa festa, que chega xa á súa XV edición. Este día tamén haberá unha variada programación deportiva (ciclismo), familiar (monicreques) e musical (corais).
Para rematar as Festas, o domingo 12, o Campus acollerá a saída e chegada da I BBT Compostela, ademais de programación escolar e familiar. Durante todo o día celebrarse no pavillón de Santa Isabel o Ranking Nacional e Open Internacional de Baile Deportivo.
Toda esta programación complétase cada día con diversas propostas para todo os públicos, ás que hai que engadir a presenza das tradicionais atraccións feirais na Alameda.



No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder