jueves, 24 de abril de 2014

De estreas, de estrelas e outros corpos celestes. Xosé Antón López, (Compromiso por Galicia), un cacharrero en una elefantería



Por Belén Vázquez

Xa nos tiña advertido de que a intelixencia tende a sentar detrás para ver mentres que a estupidez opta pola primeira fila para deixarse ver, do que non tiñamos coñecemento e que ademais ás veces, por si os focos e os flashes non alumean ben, dálle por convocar roldas de prensa a golpe de bombo e pratillo para garantir a diversión do persoal e de paso ser bufón do profesional.

Nestas datas preelectorais a elaboración de listas leva as organizacións a rebuscar entre o lixo dos contrincantes coa fin de poder “roubar” algún que outro “tonto útil” que se converta en fichaxe estrela e de paso a súa causa, causa que neste caso non só está perdida senón que non hai quen aspire nin sequera a atopala.

Din que non hai pobo que se prece que non conte entre a súa cidadanía con dous persoeiros significativos e populares: un borracho que bote as bailas diante da orquesta, bueno, no caso de Santiago de Compostela a algún que lle votaron ata lle daba por subir bailar ao palco no Obradoiro..., e un “tonto” que desesperado por ter uns minutos de gloria no pórtico estea disposto a interpretar a Azarías en Los santos inocentes, que no caso que nos ocupa e tratándose dunha cidade con tantos “doctos” en dereito ben podería chamarse Los pasantes inútiles.

E como xa levaban día ameazando, Santiago de Compostela amenceu hoxe coa nova de que xa temos un novo veciño comprometido coa causa e disposto a pasar de ser o tonto inútil “da casa do pobo” ao tonto útil en calquera das nosas parroquias.

Albíscanse tempos novos de mitins de vellos máis alá dos feudos do casco histórico,  feudos que lonxe de ser numerosos como parece prometer aos comprometidos non son máis que o soño circense dunha noite de votación na que había que frear os herdeiros ilexítimos do basto de mando municipal.A bo seguro, este “novo tonto” ha de dar tanto xogo sucio onde chega como paz deixa de onde marchou.


Mais non perdan coidado, non é o único parvo que pasea por Santiago de Compostela e no seu canto han de aparecer outras “milanas” algo máis bonitas... xa o dicía o outro Camus: a estupidez insiste sempre. E eu hei de seguir (des)informando, que aquí temos un campus no que sempre se estrea algunha estrela.


No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder