martes, 10 de junio de 2014

Érase unha vez... unha partida de xadrez




Por Belén Vázquez *


Din que ao xadrez un non ten que xogar moi ben, é suficiente con xogar mellor que o opoñente, e iso é o que debeu pensar o presidente da Xunta e Galicia cando, acolléndose á súa vantaxe de espazo, planificou e executou o seu movemento de onte no concello de Santiago de Compostela. Porque, aínda que algúns pensaran que isto podía ser unha aburrida e sinxela partida de, e posiblemente entre, damas, este taboleiro ten demasiada importancia política e estratéxica como para xogar nel a calquera outra cousa que non sexa o xadrez.

A corporación municipal tornara, na presente lexislatura, nunha entretida partida deste xogo de mesa no que, si ben sempre abren as brancas, esta vez foron as negras as que se fixeron co privilexio de apertura. Tal e como se esperaba, ao pouco de iniciar os movementos, as negras sacrificaron ao seu principal peón poñendo en risco a supervivencia de pezas fundamentais, da partida e do partido, e deixando descolocadas a meirande parte das que había enriba do taboleiro.

Antes de asumir unha derrota inicial, e atendendo as imperantes complicacións, as negras optaron por ir avanzado, pouco a pouco, con outros peóns que fosen quen de chegar ao final do taboleiro. Tratábase, nese crucial momento do xogo, en ir convertendo aos peóns en pezas fundamentais, agardando que nalgunha xogada fosen caendo algunhas das tallas brancas e, sen planificar moi ben como, o resultado lles dese a vitoria.

Mais a partida foise complicando, e no medio do xogo, os peóns negros avanzaron tan rápido e a tropel que no camiño de volta como pezas triunfantes, e atendendo a unha regra que aínda está por ver que sexa aceptada na arbitraxe final, a meirande parte destas pezas foron "comidas" quedando definitivamente fóra do taboleiro.

Repartido así o xogo, as brancas parecían ter clara a súa promoción. Era unha promoción non calculada pero si resultante de que o principal peón negro estaba bloqueado e sen tallas que fosen quen de dar a talla, polo que, afogadas as negras, perderían a partida, ou no peor dos escenarios imaxinados: esta partida remataría en "tablas".

E sería entón cando as brancas, que xa tiñan un plan calculado, farían un ataque á descuberta para facerse coa  partida, ataque que aínda estaría por decidir se o levaría a cabo a torre illada sen vixía, a dama, agora parece ser que con cuartel, ou algún alfil de última hora ao que aínda había que convencer da estratexia a seguir.

Mais neste complexo xogo disque nunca se gañou unha partida abandonándoa, e así, nunha maxistral xogada, inesperada e inaudita para o opoñente, o último peón da lista de pezas rematou o seu percorrido polo taboleiro autonómico e, ante a sorpresa de case todos, agora impera como novo flamante rei nunha "casilla" de escape de cara ás vindeiras eleccións municipais.

Kárpov sostiña que non é posible derrotar ao adversario si estás disposto a aceptar unhas "tablas", e así é como hai que xogar: arriscando pola vitoria, tomando a iniciativa e igualando a partida. Iso si, analizando primeiro as pezas que aínda quedan e os movementos que cada peza pode executar.

Non creo que a estratexia das brancas pase agora por buscar un xaque ao rei, nin sequera que os espectadores do xogo sigan mantendo esta partida nun xaque perpetuo. Quizais agora debese quedar claro que, tal e como foi avanzando a partida, a raíña das brancas é unha peza de insuficiente valía e movementos para dar a batalla. É tempo de deixar de lado eses movementos de libro ou tranquilos, e pasar aos movementos forzados.


Di unha greguería de Ramón Gómez de la Senra que O Pensador de Rodin é un xadrecista ao que lle sacaron a mesa... agora toca ver a quen lle quitan a "silla", ou a "casilla" porque, no taboleiro do xadrez, disque as mentiras e a hipocrisía non sobreviven moito tempo.

* Belén Vázquez es Licenciada en Ciencias Políticas y de la Administración por la USC


No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder