jueves, 16 de octubre de 2014

De cando ser "caballero" só era montar a cabalo

Por Belén Vázquez*

Houbo un tempo que o socialismo galego miraba para outro lado cando alguén amentaba aquel terrible nome de "Paco Vázquez", era algo que provocaba noxo e rexeitamento entre as bancadas máis ateas, republicanas e de esquerdas, unha desgraza "familiar", un mal menor que había que asumir aínda a sabendas de que co tempo chegaría a ser un mal maior, mais ao fin e ao cabo un mal porque non houbo quen, fronte aos éxitos que colleitaba nas eleccións tal esperpento, dese conta a tempo dos fracasos que iso suporía para a cidadanía que desgobernaba e o electorado que espantaba. Pois algo semellante a iso, só que datado no século XXI e trasladado á cidade inimiga, é o que está a acontecer co novo, aínda vello, mal: "Abel Caballero".

Poucos son xa os socialistas de pro que queiran falar do tema, ningún o alto cargo da organización que queira afrontar o problema e moitos os que miran para outro lado cando se afonda nas razón polas que o autoritarismo formal e o despotismo nominal deste personaxe político sigue en Vigo e en vigor a día de hoxe, e con todas as papeletas (en)sobradas,  para presentarse a unha reelección vergoñosa para o partido e vergoñenta para a oposición.

A pouco que se faga repaso da súa traxectoria dos últimos anos "enchufismo", "corrupción" e "vetos", son algunhas das palabras que mellor definen o seus mandatos, e son esas, e non outra, as pesadas cruces que leva as súas costas este penitente ismo galego, que lonxe de ser social, cada vez parece máis condenado a ser residual. Si a isto se lle engaden os problemas de censo, de alternativas e de protexidas, así como os seus plantes e desprezos polo xornalismo e por quen teñen a obriga profesional de facer cobertura da política municipal, conforman o caldo co que el ameaza dar tazas ata o 2019  a algunha prensa dar rícino mentres haxa subvencións.

E que a este Herodes dos datos, ao que pouco lle importa facer pública e menos explicar a información persoal de menores na páxina web do que considera o seu concello, a este fidalgo de goteira que se acubilla á sombra dun olivo, pouco parece preocuparlle os designios da familia á que pertence, porque el, como algún da familia Corleone, debe pensar aquilo de que o poder esgota aos que non o teñen.

Que si ben Vigo foi un dos principais caladeiros de voto do PSOE, que non do dG, non foi pola figura deste embaixador do autoritarismo, ao que asumiron os electores nos mellores tempos das siglas, pero cuios carteis debían levar visible calquera tipo(e)grafía que non fose a súa foto; e un dos seus maiores éxitos foi, en plena crise económica e con outros políticos acusados de "despilfarro" e gustos caros, vender unha política de humanización que, con cargo aos cartos do Estado, pasaba por sacar pianos de cola ás rúas que outras, tan criticadas, se dedicaran a adornar con flores e xardineiras.

Sabedor, porque unha cousa é parecer un fillo de puta e outra ser tonto, de que non pasa polas súas mellores horas e que xa lle pasaron os minutos da súa gloria, quédalle aferrarse aos convites populares e aos envites populistas, e desmarcado da tradición e costume de pertencer a un gran partido facer desta campaña a súa particular cidade da cultura, custe o que custe e caia quen caia. Un mausoleo  no que haberá que agardar para ver canto apoio están disposto a brindarlle, canto de mitins para dar "guerra" aos electores e canto de esforzo por aparentar están dispostos os compañeiros e compañeiras a representar; que aínda que as futuras batallas xógaas cada quen na súa casa e no seu pobo estas e outra follas, gusten ou non, caen do mesmo pino.

Belén Vázquez es Licenciada en Ciencias Políticas y de la Administración por la USC

No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder