jueves, 22 de marzo de 2012

¿Matar al mensajero? ¿O el mensajero equivocó el destinatario?

GC retira o sumario da Operación Campeón

A Xustiza abriu dilixencias contra este medio por revelación de sumario

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/03/2012

Galicia Confidencial decidiu este martes, tras recibir un escrito remitido desde o Xulgado de Lugo, retirar varios tomos do sumario da Operación Campeón que decidira publicar amparándose no dereito constitucional a que todos os cidadáns poidan recibir información libremente.
Esta decisión está provocada pola decisión do Ministerio Fiscal de solicitar ao xuiz que abra dilixencias contra este medio por publicar partes do sumario nas informacións sobre a Operación Campeón. Así, segundo a instrución remitida a este medio, o Xulgado de Lugo incoa "mediante testemuña da dilixencia de constancia da secretaria xudicial e da presente resolución", dilixencias previas por un presunto delito de descubrimento e revelación de segredos.
 Comunicación de axentes de Vixilancia Aduanera
 Tamén oficia aos axentes da Brigada Móbil Terrestre de Galicia de Vixilancia Aduanera (Axencia Estatal Tributaria) para que requiran a Galicia Confidencial que cese na publicación.
 Esta comunicación foi recibida este martes de axentes de Vixilancia Aduaneira polo que GC procedeu ese mesmo día a retirar os catro tomos publicados da Operación Campeón para colaborar coa Xustiza. Posteriormente, este medio púxose en contacto cos seus avogados para analizar esta situación.
 GC non é o único medio que informou e revelou partes do sumario da Operación Campeón. Numerosos medios galegos e do resto do Estado tamén deron conta de datos, nomes e informacións que aparecen neste caso xudicial e que Galicia Confidencial fixo público unicamente, e a diferencia doutros, cando se levantou o segredo do sumario.
 Este medio insiste no seu compromiso coa liberdade de información amparándose na propia Constitución.
 Endurecemento da lei
 Este mesmo mércores, o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón anunciou que a Reforma da Lei de Enxuizamento Criminal incluirá un “sistema severo de sanción administrativa” para evitar as filtracións aos medios e que limitará a un mes a posibilidade de manter baixo segredo os sumarios.
“Limitaremos a un meso o segredo do sumario, salvo por razóns absolutamente excepcionais, e evitaremos o que nestes momentos existe que é unha ficción de sumarios declarados segredos durante seis, sete ou oito meses e que acaban sendo coñecidos por todos os cidadáns”, sinalou nunha entrevista a Antena 3.
Con todo, o ministro suliñou que non se trata de “reprochar” a actitude dos medios de comunicación, “que buscan a información e a poñen a disposición do cidadán”, seno do sistema que “o permite” e das “persoas que contribúen a que haxa filtracións”.

Con máis de 4.500 usuarios únicos diarios de media, GC é un medio 100% independente e en galego, que se sostén principalmente grazas aos contribuídores do GC Plus.



No hay comentarios:

El Correo Gallego - Santiago - Titulares

EL PAÍS - Titulares - Galicia

TVG - Informativos - Titulares

Páginas más vistas en la última semana

Cartelera de Santiago (destacados)

Cartelera de Cine en Santiago

Cartelera de Cine en Santiago
Pulse para acceder