Por Belén Vázquez*
Houbo un tempo que o socialismo
galego miraba para outro lado cando alguén amentaba aquel terrible nome de
"Paco Vázquez", era algo que provocaba noxo e rexeitamento entre as
bancadas máis ateas, republicanas e de esquerdas, unha desgraza
"familiar", un mal menor que había que asumir aínda a sabendas de que
co tempo chegaría a ser un mal maior, mais ao fin e ao cabo un mal porque non
houbo quen, fronte aos éxitos que colleitaba nas eleccións tal esperpento, dese
conta a tempo dos fracasos que iso suporía para a cidadanía que desgobernaba e
o electorado que espantaba. Pois algo semellante a iso, só que datado no século
XXI e trasladado á cidade inimiga, é o que está a acontecer co novo, aínda vello,
mal: "Abel Caballero".
Poucos son xa os socialistas de
pro que queiran falar do tema, ningún o alto cargo da organización que queira
afrontar o problema e moitos os que miran para outro lado cando se afonda nas
razón polas que o autoritarismo formal e o despotismo nominal deste personaxe
político sigue en Vigo e en vigor a día de hoxe, e con todas as papeletas (en)sobradas,
para presentarse a unha reelección vergoñosa
para o partido e vergoñenta para a oposición.
A pouco que se faga repaso da súa
traxectoria dos últimos anos "enchufismo", "corrupción" e
"vetos", son algunhas das palabras que mellor definen o seus mandatos,
e son esas, e non outra, as pesadas cruces que leva as súas costas este
penitente ismo galego, que lonxe de
ser social, cada vez parece máis condenado a ser residual. Si a isto se lle
engaden os problemas de censo, de alternativas e de protexidas, así como os
seus plantes e desprezos polo xornalismo e por quen teñen a obriga profesional
de facer cobertura da política municipal, conforman o caldo co que el ameaza
dar tazas ata o 2019 a algunha prensa
dar rícino mentres haxa subvencións.
E que a este Herodes dos datos,
ao que pouco lle importa facer pública e menos explicar a información persoal
de menores na páxina web do que considera o seu concello, a este fidalgo de
goteira que se acubilla á sombra dun olivo, pouco parece preocuparlle os
designios da familia á que pertence, porque el, como algún da familia Corleone,
debe pensar aquilo de que o poder esgota aos que non o teñen.
Que si ben Vigo foi un dos
principais caladeiros de voto do PSOE, que non do dG, non foi pola figura deste
embaixador do autoritarismo, ao que asumiron os electores nos mellores tempos
das siglas, pero cuios carteis debían levar visible calquera tipo(e)grafía que
non fose a súa foto; e un dos seus maiores éxitos foi, en plena crise económica
e con outros políticos acusados de "despilfarro" e gustos caros,
vender unha política de humanización que, con cargo aos cartos do Estado,
pasaba por sacar pianos de cola ás rúas que outras, tan criticadas, se
dedicaran a adornar con flores e xardineiras.
Sabedor, porque unha cousa é parecer
un fillo de puta e outra ser tonto, de que non pasa polas súas mellores horas e
que xa lle pasaron os minutos da súa gloria, quédalle aferrarse aos convites
populares e aos envites populistas, e desmarcado da tradición e costume de
pertencer a un gran partido facer desta campaña a súa particular cidade da
cultura, custe o que custe e caia quen caia. Un mausoleo no que haberá que agardar para ver canto
apoio están disposto a brindarlle, canto de mitins para dar "guerra" aos
electores e canto de esforzo por aparentar están dispostos os compañeiros e
compañeiras a representar; que aínda que as futuras batallas xógaas cada quen
na súa casa e no seu pobo estas e outra follas, gusten ou non, caen do mesmo
pino.
* Belén Vázquez es Licenciada en Ciencias Políticas y de la Administración por la USC
No hay comentarios:
Publicar un comentario